A información desta guía só pretende servir de orientación; o  seu contido nunca debe substituír as indicacións do teu médico, que  é a persoa máis indicada para resolver calquera cuestión sobre o teu caso particular.

A forma sinxela de coñecer o mieloma múltiple do A ao Z

Acha os termos necesarios para comprender o mieloma múltiple. Se tes calquera outra inquedanza respecto á doenza, os seus síntomas ou o seu tratamento, non dubides en consultar o teu médico.

Unha información importante para as persoas afectadas de mieloma múltiple

Neste espazo podes encontrar información relevante sobre o mieloma múltiple, como son o seu diagnóstico, as probas médicas que se realizan e algúns dos posibles tratamentos.

A información que vas atopar neste sitio  foi creada por Pfizer, coa colaboración de expertos hematólogos, e conta co aval do Grupo Español de Mieloma (GEM-PETHEMA) e da Comunidad Española de Pacientes con Mieloma Múltiple (CEMMP).

Integraron o Comité de Expertos a cargo do desenvolvemento de contidos deste web os seguintes  doutores: o Dr. Enrique María Ocio, xefe do Servizo de Hematoloxía do Hospital Universitario Marqués de Valdecilla (Santander); a Dra. Cristina Encinas, médica adxunta  do Servizo de Hematoloxía do Hospital Universitario Gregorio Marañón (Madrid), e o Dr. Rafael Alonso, médico adxunto do Servizo de Hematoloxía do Hospital Universitario 12 de Outubro (Madrid).